O NOSO MÉTODO
Dende AuriaOposPrimaria levamos máis 8 anos avogando por un método de traballo dinámico, práctico e motivador. O noso principal obxectivo é que chegues a xuño preparada/o para enfrontarte a este proceso tan duro, e para iso darémosche todas as facilidades posibles: temario personalizado e resumido, resumos e infografías de lexislación e protocolos, vídeos explicativos, materiais exclusivos personalizados, titorías individuais, revisión personalizada de todas as partes...
UN TEMARIO ÚNICO
En AuriaOposPrimaria contamos cun temario totalmente personalizado e actualizado ano a ano. Para a súa elaboración contrastamos diferentes fontes bibliográficas e webgráficas, tendo presente sempre as rúricas publicadas nos últimos anos polos tribunais. Ademais, para que o proceso de estudo sexa máis funcional, o temario se facilitará resumido en formato editable (word ou oppenoffice).
SUPOSTO COMO EIXE PRINCIPAL DO PROCESO
A nosa filosofía susténtase na información e o coñecemento. Dende a primeira sesión, o estudo e comprensión de lexislación, protocolos, procedementos administrativos ou metodoloxías pasará a ser un elemento clave no proceso de estudo. Día a día afondaremos nos detalles e pormenores de cada un destes documentos para poder enfrontarnos con garantías aos supostos. Todo o material se vos facilitará en formato dixital, resumido e editable.
REPASOS E SIMULACROS
Toda a teoría colle forma cando a poñemos en práctica. A dinámica semanal de clase implica un repaso programado e cíclico co obxectivo de acumular e afianzar aquela información máis relevante:
- Dedicaremos un tempo diario a repasar mediante preguntas curtas, tipo test, supostos breves...
- Realizaremos e corrixiremos un suposto semanal.
- Faremos simulacros mensuais de suposto. Utilizaremos rúricas para a corrección dos mesmos, buscando habituarnos a este sistema de avaliación.
- Haberá simulacros periódicos de temas.
- Teredes á vosa disposicións xogos (kahoot, Quizziz...) para repasar protocolos, lexislación, instrucións, temas...
AXUDÁMOSCHE A FACER “A TÚA PROGRAMACIÓN”
Acompañámoste dende que escribes a primeira páxina e ata o remate dos discursos. Somos conscientes de que a PD debe ser un documento único e personalizado, a nosa labor será a de facilitar que poidas executar as túas ideas. Por suposto que vos darmos modelos, ideas e exemplos de cada unha das partes, pero queremos que a elaboración se basee en catro premisas:
- DOCUMENTO ÚNICO: a túa PD debe ter a túa esencia. Nós axudarémosche a darlle forma.
- INDIVIDUAL: faremos titorías individuais (as que fagan falla) para asesorarte e lograr obter un produto do que te sintas orgullosa/o.
- FUNCIONAL: buscaremos a maneira de axustarnos ás demandas dos tribunais da maneira máis pragmática posible.
- PREVISIÓN: estableceremos un planning de traballo buscando rematar PD, UDs e discursos con suficiente tempo de antelación.