MANU
- Mestre de Educación Primaria, habilitado en Pedagoxía Terapéutica e licenciado en Psicopedagoxía.
- Ampla experiencia laboral (en activo dende 2009) tanto en corpo de mestres como exercendo a xefatura do Departamento de Orientación.
- Experiencias en diversos centros de características e tipoloxías diversas: CEIP, CEP, CRAs...
- Experiencia en cargos directivos (secretaría e xefatura de estudos) durante catro anos.
- Formación continua en innovación educativa, atención á diversidade, novas tecnoloxías, educación emocional, HHSS, didáctica, etc.
- Poñente para o CAFI, o CFR ou sindicatos educativos sobre diversos temas relacionadas coa vida educativa e a actualización pedagóxica: desenvolvemento de competencia clave, atención á diversidade, programación docente, organización de centro, lexislación educativa, etc.
- Preparador de oposicións dende 2016 con alta porcentaxe de aprobados nos diferentes procesos realizados.
RUBÉN
- Funcionario de carreira da especialidade de Educación Primaria e licenciado en Psicopedagoxía.
- Doutor en Ciencias da Educación.
- Dous mestrados universitarios oficiais no ámbito educativo.
- Experiencia como titor nos tres ciclos da etapa de primaria.
- Experiencia como membro de tribunal nas oposicións na especialidade de Educación Primaria.
- Experiencia docente universitaria en titulacións de educación (Pedagoxía e Educación Social).
- Formación continua en atención á diversidade, didáctica, novas tecnoloxías aplicadas á educación, innovación educativa...
- Poñente para sindicatos educativos sobre temas relacionados coa organización de centros, programacións docentes e lexislación educativa.
- Relator en congresos nacionais e internacionais con máis dunha vintena de comunicacións vinculadas con temas educativos.
- Autor e coautor de máis de media ducia de capítulos de libros de temática socioeducativa. Autor e coautor de máis duna ducia de artigos científicos relacionados coa educación, varios deles en revistas de alto impacto.